Comemos xunt@s?

domingo 17 maio 2009

Como este ano non hai Xuntanza oficial, quén se apunta a facer unha comida ou cea informal? Requisito: pasar po aquí e apuntarse.

A que lle apeteza que se apunte neste fío e buscamos unha data.

Cheché.-




Comentarios

si nos xuntamos uns poucos apúntome.

enviado por Queiruga o 17 maio 2009 ás 11:03 PM CEST #

A miña idea e facer unha comida antes do verán.
Contamos xa con Sara, Queiruga, Mavera e Cheché.
Porfi, apuntarvos xa e falamos de datas.

Recórdovos que podedes subscribr o voso correo a calquera dos fíos do foro só con incorporar un comentario, para que vos avise de cando haxa novidades.

A por eles!!

enviado por Cheché o 19 maio 2009 ás 06:53 PM CEST #

O dia 6 de xuño temos carneirada no campo da festa de San Roquiño, ó estilo tradicional das festas de hai anos, de 1 a 3 da tarde. Apuntámonos????
De todos os xeitos e coma calquera deportista que se prece CONTADE COMIGO!!!!

enviado por Llou o 23 maio 2009 ás 11:14 AM CEST #

Cómo é iso da carneirda Llou? Do Concello, da Comisión de Festas, cousa vosa ...

enviado por Cheché o 23 maio 2009 ás 08:09 PM CEST #

Pois eche da Comisión de festas de San Roquiño. Eu vin o cartel anunciador e só pon que é o día 6 de xuño de 1 a 3 da tarde e de 9 a 12 da noite. Non fala de prezos pero o menú é: Carneiro ao estilo tradicional, pan e viño

enviado por Llou o 29 maio 2009 ás 10:04 AM CEST #

En calquera caso eu ese día non podo ir. Por certo, Llou, non me funciona a túa direccións de correo-e.

enviado por Cheché o 31 maio 2009 ás 09:02 PM CEST #

Porque terás a vella. Agora estou con R, pero xa está neste fío: joseluisroo@mundo_r.com

enviado por 10.0.137.40 o 01 xuño 2009 ás 12:39 PM CEST #

Eche con gúión alto.

Mándoche por correo algo moi interesante.

enviado por 10.0.137.41 o 03 xuño 2009 ás 06:43 PM CEST #

Aínda que me parece pronto para comprometerse,en principio, contade comigo.

enviado por Quellu o 02 decembro 2009 ás 10:03 PM CET #

Ola Quellu,
Este fío xa morreu antes do verán ... pero ... aproveitando que o Pisuerga pasa por Fachadolid ... ou sexa ... que xa estamos nas portas de Nadal ...

Se alguén se apunta a unha cea/comida navideña, pois que conte comigo.

Como este foro está morto, o que o lea, que pase a voz.

Saúdos,
Cheché.-

enviado por Cheche o 03 decembro 2009 ás 06:43 PM CET #

Olá, por min non hai fallo.

enviado por Moncho o 03 decembro 2009 ás 11:19 PM CET #

Perdoa Chehu, non sei en que día vivo!
Facía tempo que non acedía á páxina e non me fixei na data.
De todas formas, se se monta algo, eu apúntome.
Saú2

enviado por Quellu o 04 decembro 2009 ás 03:39 PM CET #

Xa somos Mavera, Moncho, Quellu, Marcelino, Sara non sei, e mais eu. Somos 5-6 penso que podemos contar con XanGal e Llou. Xa somos 7-8. Temos quorum.

Como o último fin de semán antes do nadal sole haber ceas de empresa, etc. Propoño os días 11 ou 12, para que non coincida en día laborable, algúns teremos que dormir fora.

Qué vos parece?
Búscanse mais adhesións!

enviado por Cheche o 05 decembro 2009 ás 02:50 PM CET #

Estamos a falar dos días 11 e 12 de decembro, non? Se é así imos aló

enviado por llou o 08 decembro 2009 ás 12:28 PM CET #

Eculicuá, 11 ou 12 de Decembro. Comida ou cea de Nadal. Non é a III Xuntanza XXX.

enviado por Cheche o 09 decembro 2009 ás 08:12 PM CET #

Qué.... cando se come aquí????

enviado por Llou o 11 decembro 2009 ás 09:43 AM CET #

Parece ser que non hai quorum. Dadas as datas que son creo que morreu o tema.

enviado por Cheche o 11 decembro 2009 ás 09:35 PM CET #



os comentarios foron deshabilitados.