Comentarios sobre a III Xuntanza (pulsa no título)

sabado 29 maio 2010

Nada, que creei esta sección para quen queira engadir comentarios sobre a III Xuntanza.

Podes publicar as fotos por correo-e

luns 24 maio 2010

publicación de fotos
para publicar as túas fotos por email, podes enviar un correo a:
noia1976.10f7@fotos.blogs-r.com 
 
o asunto do teu mail será o título de cada unha das fotos que adxuntes, engadíndose un número de orde no caso de adxuntar máis de unha foto. O contido do mail pasará a ser a descrición de cada unha das fotos axuntas. A lonxitude máxima da descrición é de 250 caracteres. As descricións máis amplas serán cortadas automáticamente.

Fotos

luns 24 maio 2010

Xa teño algunhas fotos, ireinas subindo a medida que me cheguen ó album III Xuntanza.

Grazas a Tod@s

luns 24 maio 2010

Grazas!!
Grazas!!
Grazas!!

Convocatoria da III Xuntanza

xoves 08 abril 2010

Estimad@ condiscípul@,
                Seguindo a tradición iniciada no ano 2006, convocámoste á III Xuntanza da Promoción de 1976 do I.E.S. Virxe do Mar de Noia.
Para elo celebraremos unha comida de irmandade o vindeiro día 22 de Maio do presente ano. Dita comida terá lugar no restaurante Casa de Roque sito no concello de Outes. Xuntarémonos tod@s alí  as 14:00 e despois da comida haberá barra libre e baile.
Para asistir debes ingresar 50 € na conta xxxx-xxxx-xx-xxxxxxxxxx de Caixa Galicia antes do día 20 de Maio, o ingreso valerá como confirmación de asistencia.
Esperamos contar coa túa compaña. Recibe unha aperta da comisión organizadora:
  Sara                                                      Mary                                                    Cheché
Noia, 19 de Abril de 2010
 
Teléfonos de contacto:
Sara: 679064925
Mary: 615171589
Cheché: 600940146
 
 

Comemos xunt@s?

domingo 17 maio 2009

Como este ano non hai Xuntanza oficial, quén se apunta a facer unha comida ou cea informal? Requisito: pasar po aquí e apuntarse.

A que lle apeteza que se apunte neste fío e buscamos unha data.

Cheché.-

Vídeos en YouTube

domingo 17 maio 2009

Debido á falta de espazo neste WebLog non podo poñer os vídeos directamente, os teño que colgar en YouTube.
Evidentemente YouTube é un espazo accesible por todo o mundo pero os nosos vídeos non van a estar na páxina principal; hai que saber o enlace para velos ou facer unha busca exhaustiva para atopalos.

Se alguén ten algún problema por ter os vídeos aí, que o comente neste fío. Grazas.

Cheché.-

Discusión Xeral

sabado 16 maio 2009

Pulsa no título para engadir comentarios ou ver os existentes.

Menxases a compañeir@s

sabado 16 maio 2009

Pulsa no título para engadir algunha mensaxe ou ver as existentes.

Cambiamo-la Web

venres 15 maio 2009

Estimad@s condiscipul@s,

    Por motivos alleos a min, vinme forzado a apagar o antigo Web da Xuntanza XXX. Para seguir funcionando din de alta este WebLog. Empezarei por subir os vídeos e as fotos que tiña a outra Web. Podedes seguir participando, eso si, sen ter que dar de alta un usuario.

    Espero que participedes. Unha aperta.